• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Ben Richards Jr

BEN RICHARDS JR, quen carallo é este fillo de p...? Tan só sabemos que é o proxecto persoal e anónimo dun pioneiro das vellas xeracións do punk rap galego desde 1995.

Desde 2010, este ourensán entréganos un capítulo anual da súa visión da sociedade actual; unha trapallada sorprendente, creando un personaxe ficticio e irreal que adereza as súas receitas con baterías electrónicas, caixas de ritmos con cheiro aos 80, baixos e sintetizadores futuristas que se mesturan ca súas letras comprometidas e controvertidas, desbordantes de ironía e que non deixan monicreque con cabeza, lanzando mensaxes que atizan coma un látego nas nosas conciencias.

Neobufón, xograr ou xenio, combinación de músicas urbanas, rap, electrónica, rock ou punk, escóitanse nos seus discos.

Neste mes de xullo de 2025 presenta o seu traballo máis completo e recente, “A un metro de tierra”, que narra a historia dun náufrago que afoga a un metro da beira, metáfora romántica e irónica das nosas vidas. Sen dúbida o máis abraiante de todos, que vén cargado de disparos a quemarroupa no peito infame das traizóns, do desamor e da vida; un verdadeiro axuste de contas.

Seguimos sen coñecer a súa verdadeira identidade, non ten redes sociais activas, non fai promocións... Trátase dunha proposta atrevida, icónico do absurdo, unha afiada crítica da nosa sociedade e do panorama musical actual.

Longa vida ao XIGANTE!

Contratación

ACI Produccions Ourense

airbeto@hotmail.com

Discografía

Romántico Cabrón 2 (a un metro de tierra)

BEN RICHARDS JR

2025, A.C.I. Records Ourense

Romántico Cabrón

BEN RICHARDS JR

2024, A.C.I. Records Ourense

Cosas que hacer en Ourense antes de morir

BEN RICHARDS JR

2023, A.C.I . Produccions Ourense

El lado bueno

BEN RICHARDS JR

2022, A.C.I . Produccions Ourense

Los gatos no son como leones

BEN RICHARDS JR

2021, A.C.I . Produccions Ourense

La cabeza de un pez

BEN RICHARDS JR

2020, A.C.I . Produccions Ourense

Letters to Juliet

BEN RICHARDS JR

2018, A.C.I . Produccions Ourense

Infinite Love Stories

BEN RICHARDS JR

2017, A.C.I . Produccions Ourense

Vídeos

enganchado a tu sonrisa

BEN RICHARDS JR

luces de neón

BEN RICHARDS JR

ya te lo decía

BEN RICHARDS JR

idiota

BEN RICHARDS JR

el chefecito

BEN RICHARDS JR

cabeza de serrín

BEN RICHARDS JR

Tal vez tamén che gusten