Falconetics é o nome do proxecto musical que xurde ao longo da pandemia do 2020 na mansión Falcon (Arteixo), lugar no que pasan o confinamento Tío T. e Dr. Juhh, alias Zoobliminal.Entre os muros da súa guarida xerminan as letras que tornarán en rimas, e se moldean os sons que tornan en ritmos para dar lugar a un ente sonoro que camiña entre o rap dos noventa e o hip-hop experimental. Armados cun MPC de AKAI e un micrófono, estos dous veteráns rapeiros do noroeste, que comezaron a súa andaina no hip-hop antes do 2000 en proxectos como Lo Puto Máximo, delHämpa e Overgrounz, analizan a súa propia existencia e a materializan no estudio en pistas de audio.Rap de albornoz e chanclas, de whisky con xeo, co nordés curtindo a pel e amenceres fronte ao mar sen tocar a sabas. O pasado e o futuro unidos por unha corda sobor da que camiñan facendo equilibrio sen máis que os brazos abertos tentando de acadar a estabilidade.Falconetics é a nave nodriza nesta viaxe intergaláctica.