• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Conde Varo

Conde Varo é o proxecto co que Xián Gómez (Santiago de Compostela, 1998) tenta poñer en palabras todas esas cousas que sentimos e non sempre sabemos como expresar.

Nutrido de influencias musicais entre o rock alternativo e o pop melódico, as súas letras convidan á reflexión sobre temas como o amor, a introspección, a loita persoal e as experiencias da vida cotiá; todo isto envolto en melodías pegadizas e acordes de guitarra. Entre as súas principais inspiracións atópanse Tom Petty, Foo Fighters, Leiva e Brian Fallon.

Na primavera de 2020, coincidindo co comezo da pandemia da Covid-19, comeza a arranxar, gravar e publicar as cancións que xa viña escribindo de anos atrás na intimidade do seu cuarto. Estes primeiros 10 temas recompílanse xunto ao bonus track “Versos” en “Proyecto Manhattan” (2022), o seu primeiro LP. É tamén neste punto cando inicia a súa andaina como artista de directos e creador de contido, mesturando a súa faceta musical co seu amor pola psicoloxía, a filosofía e o humor.

Tras un longo proceso de produción entre o verán de 2023 e mediados de 2025, o seu segundo LP, “14:41”, sae no verán de 2025, con moi boa acollida por parte do público. Cortes destacados deste disco son os singles ‘El Bueno de Tom’ (adiantado na primavera de 2024), ‘Como Gatos’ (publicado en abril de 2025) e ‘Sinergia (Fuego en las Trincheras)’.

Actualmente atópase en pleno proceso de promoción deste último traballo.

Contratación

Xián Gómez Rodríguez
684 001 006
condevaromusic@gmail.com

Discografía

14:41

CONDE VARO

2025, Conde Music (autoeditado)

Proyecto Manhattan

CONDE VARO

2022, Conde Music (autoeditado)

Vídeos

Como Gatos

CONDE VARO

Tu Gesto

CONDE VARO

Catarsis

CONDE VARO

La Terminal

CONDE VARO

El Bueno de Tom

CONDE VARO

Inocencia de Febrero

CONDE VARO

Tal vez tamén che gusten