
Detrás de Longa atópase Vicky Longa, membra fundadora, compositora e produtora do proxecto Manuela Kant.Longa é un mundo ecléctico, sen etiquetas, que pode desconcertar pola mestura de estilos e influencias. Neste universo sensible, pero con moito carácter, pódese viaxar desde estradas empoadas cheas de folklore, pop rock maridado con pura analoxía e crueza, ou o contrapunto electrónico que deu a coñecer este último ano con “Dimensión a otra realidad”, “Café recién molido”, “Nave X2252” ou “SÉ”. Todo feito e cociñado na casa, prescindindo de estudios de gravación.Longa, sempre será unha mesma persoa e corazón en continua evolución artística.
Contratación
LongamusiclabVictoria Longa Sayáns 600 383 782 vickylongas@gmail.com