• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Helena Egea

Helena Egea é un proxecto onde a forza e a paixón da voz son protagonistas. Unha viaxe ao pasado que evoca a forza de mulleres como Aretha Franklin, Nina Simone ou Janis Joplin.

O proxecto nace como solista e consolídase agora en formato banda. Como violinista e cantante, logo da miña experiencia en diferentes bandas e estilos, nace a necesidade de ter voz propia.

Da rabia, da frustración e da paixón nacen as miñas primeiras composicións con referentes do jazz, soul, blues, folk e rock. O repertorio está conformado por cancións principalmente en inglés e en galego, con letras que falan de reflexións sociais, vivencias propias e historias evocadas con imaxes; todo como medio de catarse e autodescubrimento. Dentro do proxecto súmase o elemento do violín, que incorporo a esta mestura de estilos como unha segunda voz e parte da identidade do mesmo.

Ata hai pouco levei a miña música ao público mediante o directo e, na actualidade, traballo na produción do meu primeiro EP, que se presenta co meu primeiro single, ‘Glass’.

Helena Egea formou parte da primeira edición do Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais Sonemerxente, desenvolvido pola Xunta de Galicia e a Fundación Paideia Galiza ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241.

Contratación

Discografía

Glass

HELENA EGEA

2023,

Vídeos

Glass

HELENA EGEA

Tal vez tamén che gusten

Los Hermanos Zapruder

Grand Soul Band

Martins Aneiros Band