
Chámome Alicia, pero o meu nome artístico é ALIJOSS. Teño 30 anos e son galega de pai cubano e nai medio galega-vasca.Desde pequena atraíame moito o mundo da arte, sempre estiven rodeada de música e aprendín a cantar poñéndome as letras das canción no espello e os cascos a todo volume. A verdade é que sempre me sentín diferente en comparación coa xente que tiña arredor, xa que musicalmente falando tirei sempre para o jazz, R&B ou gospel. Entre os 15 e os 17 anos tiven o pracer de estar no seminario de jazz de Pontevedra impartido por Paco Charlín e Abe Rábade, unha experiencia expresa pero a máis enriquecedor.Desde entón sempre quixen facer a miña música. Estiven vagando, buscando e intentando “atopar” o meu son, pero ata o ano pasado publiquei o meu primeiro proxecto, “NUBE”.
Contratación
Alicia Arrieta Lino 662 150 042 ali.arrieta94@gmail.com