Iago Banet é un músico galego actualmente residente en Reino Unido. Aos dezasete anos comezou tocar os seus primeiros acordes nunha guitarra española que atopou no domicilio familiar. Desde entón, tocou e gravou con múltiples bandas e feito xiras por España e o Reino Unido amosando un enorme talento en diferentes estilos como fingerstyle, gypsy jazz, blues, rock, country, dixieland swing, tex-mex, pop e folk.En 2014, Banet trasládase a Londres en busca de novos horizontes, retos e proxectos nos que medrar na sua carreira. Alí, únese a diferentes bandas entre as que destacan The Boo-Hoos e JFK Blue antes de formar ColorColour (previamente coñecidos como Deep Blue Sea), cos que grava dous álbums.Desde 2018, Banet está a desenvolver paralelamente a súa carreira como solista de fingerstyle inspirado polo traballo de nomes como Merle Travis, Chet Atkins ou Tommy Emmanuel. Un ano máis tarde grava o seu primeiro disco en solitario, “A Sunset Wine”. En 2020, o seu segundo álbum ve a luz, titulado simplemente “Iago Banet. Un músico, unha guitarra”. O álbum consta de sete composicións orixinais e dous arranxos especiais: o tema tradicional de folk galego ‘Muiñeira de Chantada’, e o clásico de Van Morrison, ‘Moondance’. Banet estará de xira presentando o disco en 2021.
Contratación
Iago Banet(+44) 7474 011 421 contact@iagobanet.com