
Miguel Matamoro (1991) é pianista e compositor. O seu repertorio foi interpretado en distintos festivais e auditorios de renome de Europa e América.Destacan a Quincena Musical de San Sebastián, o Ciclo de Música Contemporánea da Fundación BBVA, o Festival Ensems de Valencia, o Museo Guggenheim de Bilbao, a Fundación Juan March ou a Real Academia Galega de Belas Artes en A Coruña. Outros enclaves de prestixio onde se escoitou a súa música son o Centro de Arte Contemporáneo de Puebla de Zaragoza (México), o Organ Hall da Universidade de Houston, o Museo da Civilización de Quebec ou o Auditorio de Le Vivier de Montreal.Entre as agrupacións e orquestras que interpretaron a súa música cabe destacar a Orquesta Sinfónica de Euskadi (OSE), a Leos Janacek Philharmonic Orquestra (República Checa), a Real Filharmonía de Galicia ou a Banda Sinfónica de Valencia. E entre os solistas, hai nomes como Klara Novakova, Severine Ballon ou Christian Dierstein. Miguel Matamoro colabora cunha ampla variedade de artistas e proxectos, compilando un repertorio que abrangue desde a música de cámara ou sinfónica ata o jazz, a electrónica ou a produción audiovisual, destacando a creación da recente banda sonora do f ilme El arte de los analfabetos. É premio EMCW de composición (2012) e Silver Medal nos Global Music Awards da música independente (EEUU). No 2018 foi elixido polo Consello da Cultura galega para compoñer, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas Duns folios que foron blancos para coro e orquestra.
Contratación
Creotz musicAngel Matamoro 629 801 522 am@creotz.com