• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Dúo Fírveda: Marina Hermida & Nerea Rodríguez

Creado en 2015, Dúo Fírveda está formado por dúas mozas moi novas pero cunha longa traxectoria. Con este dúo buscan achegar a música á xente mostrando diferentes estilos nos seus concertos con autores como Bach, Piazzolla, Mozart, Arvo Pärt, Albéniz e mesmo estreando obras de novos compositores.

Marina Hermida (violinista) naceu en 1999 e, con apenas 7 anos, comezou a estudar violín no CMUS Manuel Quiroga con Sergio Heredia, no que rematou con tan só 15 anos e co premio de fin de grao.

Foi concertino da ONSG, na que tamén tocou como solista, e actualmente é membro activo da OJSG e participa coa OSG dentro do proxecto Son Futuro. Hermida Gravou como solista coa Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra e tocou en grandes salas como o Pazo Euskalduna de Bilbao no festival internacional Musika-Música, nos CMUS de Vigo, Pontevedra e Ourense e no Palacio da Ópera de A Coruña, entre outros.

Nerea Rodríguez (acordeonista) naceu en 1993 e comezou os seus estudos no CMUS de Pontevedra con Marcos Padrón onde obtivo o premio extraordinario de fin de grao. Estudou o grao superior no CSMA con grandes mestres como A. L. Castaño, I. Alberdi ou A. Telleria.

Tocou en grandes escenarios como o Teatro de Livorno (Italia), o Festival Internacional de Acordeón en Kiev (Ucraína), a Sala Mozart de Zaragoza, a Fundación Juan March en Madrid ou a Catedral de Santiago de Compostela. Ademais, estreou obras de C. Cerezo, O. Escudero, P. Busseuil, etc.

Contratación

Nerea Rodríguez Núñez
(+34) 636 296 813
nerearodriguez.93@gmail.com

Vídeos

Ave Maria de Piazzolla

DÚO FÍRVEDA

Anantago (Gorka Hermosa)

DÚO FÍRVEDA

Tal vez tamén che gusten