Joel e Dani son dous rapaces de Lugo nados en 2000 que, tras levar desde cativos facendo música por separado, con 18 anos e ao mudarse xuntos para estudar na Coruña, deciden unir os seus camiños formando LANASA.O grupo, desde as súas orixes no rap/trap, experimenta unha evolución pasando por diferentes xéneros da música urbana, chegando a consolidar o seu nome na escena musical de Lugo e no underground galego.Dito desenvolvemento pode verse tanto no xeito de compoñer como nas temáticas que inspiran as letras que, segundo a canción, poden variar entre o humor e a melancolía, entre a crítica social e a festa ou entre o amor e a estética dark; todo bañado nun aura espacial que lle da a esencia diferencial a este grupo.LANASA, definitivamente, fai música de raíz galega e inspiración local, nacional e internacional, contando cun gran número de “bolos” ás costas e facendo da súa proposta algo fresco e distinto.
Contratación
FAT MUSICJoaquín Pedrosa Mosquera (+34) 684 31 93 64 festividadesatroula@gmail.com // laputalanasa@gmail.com
