
Lisdexia é unha banda de punk-rock orixinaria de Muros (A Coruña) formada por Fran Trillo (voz), Fran Lestón (guitarra), Antón Vara (baixo), Chema Caamaño (batería) e Javier Fernández (guitarra). Xuntáronse coa idea de facer música punk en galego caracterizada polo ton político e reivindicativo, cun estilo que foi mudando co tempo froito da constante inspiración da banda e o xogo con diferentes sons.En novembro de 2018 publicaron o seu primeiro traballo, “Chejar e encher”. En 2022 foi a quenda de “Espabila as mamadas”, un EP de catro cancións que adiantaba o posterior percorrido da banda, deixando atrás o ton político para crear música dedicada á festa e o desfrute do público.En abril de 2025 presentan “Esclavos do baile”, EP de seis cancións que amosa toda a evolución da banda e recolle tamén influencias de estilos como o pop e o funk, aínda mantendo o seu xenuíno son garage. Un traballo que ensina a súa transición nos últimos anos para xogar con novos sons, sen esquecer as letras reivindicativas e divertidas que convidan o público a meterse a fondo na música.
Contratación
AlendeSara 620 125 057 ola@alende.gal