Esquíos é unha banda de rock galega que bebe de estilos musicais coma o punk rock e o garaxe, e que engade á súa música picadas de outras correntes musicais coma poden ser o hardcore, a psicodelia, o ska... As súas líricas versan sobre temas sociais, persoais ou puramente hedonistas, a miúdo cunha importante carga irónica e humorística, e habitualmente expresadas en galego. Unha batería, un baixo, dúas guitarras e as voces son os instrumentos que precisan Esquíos para executar a súa música. O seu ambiente natural e fin último é tocar ao vivo. Tendo a súa base de operacións na aldea de Matalobos, pertencente ao Concello da Estrada, a banda leva dende o 2006 recorrendo a xeografía galega. Contan con máis de cen concertos ao seu lombo e sete discos editados. O último gravouse ao vivo nos estudios da Radio Galega e editouse en maio do 2014. Esta gravación foi o premio outorgado polo xurado do concurso Vas Sacar Nota da RG do ano 2013 ao tema "Ei xabarín!", que se escolleu coma canción do verán no mentado concurso.
Contratación
EsquíosJorge Rodríguez (+34) 663 109 884 esquios@esquios.com