• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Aula 11

Somos Aula 11, a xuventude carballesa.

Tocamos garage e rocanrol e chupamos sangue de grupos como Los Nastys, FIDLAR, Black Lips ou Pitbul. Aula 11 xorde despois de que catro rapaces viramos a uns colegas tocar no Festival Sereas e Piratas 2014 e montar un grupo pareceunos unha boa excusa para pasar o tempo e viaxar mundo adiante, así que fixemos algún tema poético e liámola un pouco pola zona, ata que nos chamaron da capital e tocamos no Mat Mad en Madrid. Voltamos a casa para cumplir co propósito de Aula 11: tocar no Sereas e Piratas 2015, pero dímonos conta de que á xente molábanlle as nosas historias, así que tocamos en mais festivales e locales e decidímonos a triunfar.

Queríamos deixar constancia de todo o que estabamos a facer, así que gravamos un EP, “Tarde, mal y arrastro” e presentámolo na maior festa do fin do mundo da historia.

Coa volta ao cole dimos algúns acústicos para recuperar forzas, seguir coa nosa filosofía da turbia pizza adolescente e os pogos para socializar e rebentar todo canto se nos poña por diante; e polo medio gañamos o concurso ABLAB de Radio 3 que levou a nosa música ao lonxano país de Albacete.

O 2016 vén cargado de sorpresas, tocamos nalgunhas salas a principios de ano máis nos estudios de Radio 3 e estase cocendo algo moi gordo para o outono. Estade atentos!

Contratación

Aula 11
Manu Eirín
(+34) 650 071 987 - (+34) 679 572 132
aula11gz@gmail.com

Discografía

Hoxe de tranquis

AULA 11

2017, Aula 11

Tarde, mal y arrastro

AULA 11

2015, Aula 11

Vídeos

La Cosa Buena

AULA 11

Tal vez tamén che gusten