• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Loiros

A banda nace no verán de 2016 en Vigo, Galiza, onde Héctor Agulla (batería) e Virxilio da Silva (guitarra, voz) comezan a traballar xuntos na idea dun novo proxecto. Nas súas primeiras composicións conciliaban rock alternativo e jazz a través dun prisma acústico, co uso das voces sen letra como un instrumento máis. Coa entrada dos membros que completan a formación, o alemán Felix Barth (baixo, voz) e o francés Wilfried Wilde (guitarra), o son endurécese, aparecen as primeiras letras e as composicións adquiren máis forma de canción, configurando a idea do que na actualidade é Loiros.

As aportacións do imaxinario musical dos catro compoñentes dan como resultado unha interesante mestura estilística na que están presentes tanto influencias do shoegaze, o grunge, o post-rock e a psicodelia, como do jazz moderno, o impresionismo francés ou a rítmica africana. O seu directo, de certo carácter intimista, é intenso e crú, con cancións longas, desenrolos inesperados e momentos para a improvisación que fan de cada concerto unha experiencia diferente.

Froito da súa primeira xira, en marzo de 2018 sae á luz o seu primeiro traballo “Arp”, un EP completamente autoproducido e autoeditado cunha edición limitada feita a man de 150 exemplares. En decembro dese mesmo ano, reciben o premio da Deputación de Pontevedra ao Mellor Traballo Musical coa canción “Rebirthmark”.

O seu primeiro LP, gravado e mesturado por Hevi (Malandrómeda) en Laboratorio Soyuz, verá a luz en outubro de 2019.

Contratación

Héctor Agulla
656 923 154
loirosband@gmail.com

Discografía

Back from the Edge

LOIROS

2023, autoeditado

loiros

LOIROS

2019, Metamovida

Vídeos

How Does It Feel

LOIROS

PDC

LOIROS

Ao vivo na Porta 253 (Braga, PT)

LOIROS

Inner War

LOIROS

O Noso Son

LOIROS

Rebirthmark

LOIROS

Tal vez tamén che gusten