Banda Crebinsky é unha pequena orquestra popular xurdida dun universo imaxinario, fuxida do filme Crebinsky. Do mesmo modo, as súas músicas nacen como banda sonora e saltando da pantalla, corren ás rúas e os escenarios, crecendo e desenvolvéndose con grande enerxía. Unha historia ben interesante.Se houbese que etiquetar o seu estilo, axiña nos veriamos en serias dificultades.Con todo, podemos arriscar algunhas expresións como "composicións eclécticas-delirantes próximas á world music”, ou ben, "música popular dun país inexistente", que nos aproximaría algo á realidade. Da súa escoita reflexiva evidénciase un traballo musical de gran calidade, cheo de detalles e minucioso, tanto a nivel compositivo como de interpretación. Non obstante, é case imposible escoitar todo o seu espectáculo de xeito reflexivo, pois a contaxiosa vitalidade que transmite Banda Crebinsky invita a festa sen paliativos.Os integrantes da Banda Crebinsky teñen unha ampla bagaxe musical e unha gran capacidade de integración das súas experiencias e estilos persoais, desde o folk ao jazz, rock, musica clásica ou experimental.Outro dos aspectos nos que se reflicte a diversidade que caracteriza a este proxecto son as linguas das letras dos seus temas: galego, ruso, castelán, francés e italiano.Compoñentes: Pablo Pérez (composicións e contrabaixo), Vadin Yukhnévich (voz e baián), Fernando Abreu (clarinete e voz), Enrique Otero ( teclados e voz), Carlos Castro (marimba e percusións).
Contratación
Nalgures Producións S.L. Mercedes P. Sanjurjo (+34) 982 250 245 - (+34) 628 133 715 merchi@nalgures.com