MUUM xorde en 2015 froito da colaboración artística e musical entre Manuel Fonte (Chotokoeu) e María Move. O dúo comeza a súa viaxe conxunta coa composición e gravación de música para espectáculos escénicos de danza e novo circo como “Contiguo” (Cía IO, 2015) ou “Ulises e a nena durmida” (Cía Anxela Blanco, 2016).No seu traballo mesturan atmosferas e ambientes sonoros con electrónica e voces, aportando unha personalidade especial ás súas composicións e xerando unha liña sobre a que MUUM camiña.Ao longo de 2016 e 2017 optan por darlle brillo á música e ritmos tradicionais da terra galega. Xorde “Peixe”, “Dime” e “Nanasmuum”, e comeza unha banda paralela á creación musical para pezas escénicas, á que se une Guillermo Cortiñas, e que nomean Trío MUUM, ofrecendo temas independentes de creación propia. En decembro de 2017 participan na entrega de Premios da Cultura Galega, coa adaptación da cantiga "Ondas do mar de Vigo", do Pergamiño Vindel de Martin Códax.MUUM son María Move (creadora, músico, cantante, performer, bailarina), Manuel Fonte (creador, músico, percusionista, técnico de son) e Guillermo Cortiñas (técnico de son, investigador de sons electrónicos e novas tendencias). A esta formación musical únense as bailarinas Nuria Sotelo e Cris Vilariño, quen xunto a María Move desenvolven a proposta escénica: “MUUM máis DANZA”, na que ofrecen música e danza contemporánea á vez.
Contratación
Maria MoveMaria Rodriguez Ramos 645 496 375 mariamove22@gmail.com