"Unha selección das mellores bandas sonoras de todos os tempos a ritmo de jazz".A DOCE VITA Sons de Cine é un proxecto formado en novembro de 2010 polos músicos galegos Rafa Otero (guitarra) e Pablo Vidal (contrabaixo) xunto á cantante letoa Vita Ivaskevica. Estes tres músicos posúen unha longa traxectoria tanto en formación como en experiencia, tendo formado parte de diversos grupos, desde o rock ata o jazz. Cando a ocasión o permite, a banda amplíase e adoitan levar piano e batería. "O noso traballo é unha homenaxe a séptimo arte e a súa música, un tributo a todos que compuxeron a gran banda sonora do século XX". Unha selección de temas lendarios do cine arranxados para guitarra, contrabaixo e voces co jazz como denominador común, interpretados sobriamente cunhas boas doses de improvisación que fan deste un trío sorprendente e innovador.
Contratación
aldeaglobal 677 225 356 - 617 988 088 aldeaglobalproducions@gmail.com