• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Di Elas

DI ELAS é unha banda de power-rock que puido nacer en 1993 tras "Los Contentos" de Piti Sanz e "Los Huana" de Luis Tosar.

Non foi así, e durante eses anos Piti e Luis aínda compartirían outras experiencias con "Goldi" en escenarios, baixo o nome de "Magical Brothers".

DI ELAS tamén podía ter nacido en 2005 cando Piti e Luis Tosar encontran a Iván Laxe de "Skornabois", a Suso Alonso de "Psicofónica de Conxo", e a Ro Muñoz de "Groovefathers", coñecidos músicos galegos e tamén vinculados ao audiovisual, pero tampouco era ese o momento.

En 2008 todos eles agrúpanse baixo "The Ellas", interpretando en directo, un repertorio con versións de grupos liderados por mulleres, construíndo un son propio como banda que lles levará en 2010 a compoñer temas propios, agora si, tras o nome definitivo de DI ELAS.

Di Elas está composto por: Luis Tosar, guitarra e voz; Piti Sanz, guitarra; Iván Laxe, baixo; Suso Alonso, teclados; "Ro" Muñoz, batería.

Contratación

NALGURES Producións S.L
Mercedes P. Sanjurjo
(+34) 982 250 245 - (+34) 628 133 715
merchi@nalgures.com

Discografía

Di Elas

DI ELAS

2011, Warner Music

Vídeos

Mi nombre es Luca

DI ELAS

Contra ti

DI ELAS

Volver

DI ELAS

Tal vez tamén che gusten