Sen perder un ápice de frescura e irreverencia xuvenil, Novedades Carminha están de volta co seu novo álbum de estudio. Sensible pero canalla, "Juventud Infinita" (Ernie Records, 2014) evoluciona cara a terreos musicais onde a contundencia do garage de factura lo-fi se dá a man co pop máis pegadizo, con tinguiduras de psicodelia e punk a partes iguais. Producido por Ángel Kaplan en Xixón e masterizado por Noel Summerville (The White Stripes, Black Lips, My Bloody Valentine...) no seu estudio de Londres, "Juventude Infinita" vén cargado con 10+1 enerxéticos pildorazos para gozar na pista de baile, que apuntalan a Novedades Carminha como máxima referencia do garage-pop cantado en castelán.A banda galega dá un salto cualitativo con este novo traballo, abrazándose a sons máis coidados e a composicións cheas de creatividade e dinamismo. Iso si, sen renunciar nin por un instante aos sinais de identidade que os trouxeron ata aquí. Sen dúbida estamos ante o máis esperado álbum da banda, consolidada na escena independente española grazas aos seus divertidos e irresistibles directos e a un bo puñado de himnos xeracionais atemporais.
Contratación
Ernie Records Josiño Carballo (+34) 986 767 419 - (+34) 659 928 488 info@ernierecords.com