Os da Ría son a banda de música lixeira galega máis “senlleira”. Dous grandes divos da canción, Arturito e Fabián, fanse acompañar por unha banda de catro músicos para darlle corpo a temas como “Infanta Elena” ou “Caramba, que guapa estás”. Pero ademais, no Nadal de 2012 lanzaron o seu disco “Díscolo”, para o que ampliaron a banda con tres dos membros da Magnifique Band dos Homes sen Medo e para o que contaron coa colaboración do Coro da Ra para hits de tanta envergadura como ‘Fernando Ónega’. Agora, poñen en marcha o seu novo proxecto, o LP “O disco póstumo”.A banda Os da Ría xirou, durante anos, co seu espectáculo “Chin chin por Os da Ría”, a gran despedida deste mítico grupo galego. Tempo despois, medrou o seu interese por achegarse ao seu público e crearon “Os da Ría íntimos”, onde Arturito e Fabián se fan acompañar, exclusivamente polo seu pianista.
Contratación
Ana Triñanes (+34) 881 975 920 - (+34) 678 034 593 info.osdaria@gmail.com anatrianes@gmail.com