
Silvia Penide é intérprete e autora de cancións moi directas, que conectan co público. Empezan a ver a luz no seu primeiro LP, “Kilómetros”, e maduran en “Invisible” e “Desafinante Crónica”. Percorre toda a península e salas de Croacia, Italia, Eslovenia, Portugal ou Alemaña; o seu universo particular nútrese cada vez dun maior número de seguidores cun pop contundente, coidado e cheo de matices.O seu EP “Las Erres Dobles”, gravado con Juan de Dios, dá un paso máis e colócaa en boca de moitos, recibindo boas críticas en publicacións como Mondo Sonoro ou Rolling Stone. Comeza a tocar en teatros, onde define o son da súa banda e comparte cartel con artistas do talle de Xoel López ou Mercedes Peón.Dúas veces gañadora dos Premios Martín Códax, consegue tamén outros premios como o do público no XV Festival de Cans polo seu videoclip “Sobre el mismo alambre”.Tras participar en ciclos como Ellas Crean ou Festival Otoño en Navarrés, presenta o seu sétimo traballo, “El Efecto Boomerang”, gravado por David San José, con colaboracións como Javier Álvarez e Ugía Pedreira.Actualmente atópase presentando un novo EP con cancións e poemas escritos durante o confinamento de marzo a xuño de 2020. “Los Días De Plomo” chega, ademais, coa colaboración do cantautor Víctor Manuel. Sen dúbida, un EP que transportará a Penide un chanzo máis arriba na súa ascendente carreira.
Contratación
10de10Tomi Legido (+34) 677 428 150 dezdedez@gmail.com