
Supersandwich naceu alá polo ano 2003. A banda está formada por dez músicos, unha base de batería, guitarra, baixo e teclado, trío de metais, percusión, voz e coros. Xa contan cun disco editado en 2009 e atópanse traballando nun segundo que verá a luz nos próximos meses.Supersandwich é esencialmente Funky aínda que non ten problema en mesturar durante os seus directos estilos musicais como a rumba, o rock, o hip hop, etc. sempre sen perder a súa esencia e personalidade tan características.Sen lugar a dúbidas o punto forte, e onde máis recoñecemento recibe a banda, é na contundencia e orixinalidade dos seus directos que constrúen a base de traballo e experiencia sobre o escenario.Desde Xaén ata Barcelona, pasando por Madrid, e chegando a percorrer Galicia polas súas catro esquinas; o recoñecemento do poder musical da banda é unánime, tanto que saíu gañadora dos tres concursos musicais aos que se presentou: Rock La Elipa (Madrid), Mia qué (Xaén) e Nsaio no Camiño (Galicia).
Contratación