• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Tractor Troy

Verán de 2011, Pontevedra. Gonzalo Maceira e Roberto Fernández, os que foran antigos compañeiros no grupo pontevedrés Fervellasverzas planean traballar un novo proxecto chamado TRACTOR TROY. A eles únese Rafa Darrosa como batería e Iñaki Jáuregui como guitarrista, antigos membros do grupo pontevedrés Reina Mala. Os últimos en chegar foron Andrés Barros, como saxofonista, e Tino Álvarez como baixista, tras a marcha de Pedro Berbel.

O grupo debutou o 4 de febreiro do 2012 no Liceo Mutante de Pontevedra onde tocaron ante máis de 200 persoas.

O seu primeiro traballo "Texas Food", EP de 5 cancións gravadas en Litium Records, Pontevedra, presentouse na Sala Karma de Pontevedra o 16 de agosto de 2012. Aquí tivo lugar o primeiro sold out da banda.

A banda paseouse por salas galegas como Le Club, Mardi Grass, Sala Karma, Sala Rouge... e por festivais como o Surfing The Lérez 2013 ou o Festival das 2 Culturas en Vilagarcía de Arousa.

Despois dun parón de 8 meses para preparar a saída do seu primeiro longo, o 22 de marzo 2014 saíu á luz o seu segundo traballo chamado "Perromandril".

Por que TRACTOR TROY? Se ben caer dun tractor en marcha e ocasionarse aparatosas feridas no cranio non é un feito do que ninguén poida sentirse orgulloso, é a orixe do nome do grupo. Un dos seus integrantes sufriu tal desgraciado accidente en condicións aínda por aclarar. Ademais, TRACTOR TRAILOR foi un "coñecido" baloncestista da NBA.

Contratación

CAPEPRODUCCIONS S.L
Marcos Rivas
(+34) 693 610 491 - (+34) 630 618 685
produccionsalakarma@gmail.com

Discografía

Muy postre

TRACTOR TROY

2017, Tractor Troy

Perromandril

TRACTOR TROY

2014, Autoeditado

Vídeos

Salvación (Sesiones oscuras #1)

TRACTOR TROY

Las Chicas de Bastrop

TRACTOR TROY

Disco no (en efectivo y en directo)

TRACTOR TROY

Quema empieza a arder (Balcony Tv)

TRACTOR TROY

Tal vez tamén che gusten