• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Víctor Aneiros

Considerado como un dos pioneiros do blues-rock en galego, inicia a súa carreira en solitario en 1999, formando Víctor Aneiros & Blue Notes e publicando “Que el blues te acompañe”.

No 2003 xa como Víctor Aneiros Band publícase “Live in Montreux”, gravación que recolle un dos dous concertos ofrecido neste Festival.

No 2004 publícase “Blues do amencer”, integramente cantado en galego.

No 2008 publícase “Heroe Secreto”, no que pon música a poemas de Rosalía de Castro, Luís Pimentel, Amado Carballo e Ramiro Fonte, e faiunha adaptación ao blues do himno da emigración galega “Unha noite na eira do trigo” do poeta Curros Enríquez. Neste traballo inclúese o tema “Miña bala perdida” polo que foinomeada a mellor canción en galegona XIII edición dos premios da música 2009.

No 2010 publícase, “Brétemas da memoria”. O guitarrista e compositor galego dedica unha importantísima parte do seu quinto disco á obra de Ramiro Fonte (1957-2008), adaptando sete poemas de xuventude e da primeira madurez do poeta.

“Brétemas da memoria” é melancólico, como boa parte da obra de Ramiro Fonte, pero tamén está preñado dunha contaxiosa enerxía que nos transmite a guitarra de Aneiros.

No 2011 publícase o DVD “Ao Vivo” gravado no teatro Jofre de Ferrol.

No 2012 publícase “Back from the Blues” resultado da colaboración entre a cantante Canadense Julie Guravich coa Víctor Aneiros Band.

No 2014 publícase “A soidade pide copas nos bares” e, tres anos máis tarde se publica "Un extraño entre la multitud" (2017).

Contratación

VAB
Víctor Aneiros
(+34) 627 574 679
vitoraneiros@gmail.com

Discografía

Un extraño entre la multitud

VÍCTOR ANEIROS

2017, Gaztelupeko Hotsak

A soidade pide copas nos bares

VICTOR ANEIROS

2014, Gaztelupeko Hotsak

Back From The Blues

JULIE GURAVICH & VÍCTOR ANEIROS BAND

2012, Gaztelupeko Hotsak

Brétemas da memoria

VÍCTOR ANEIROS

2010, Gaztelupeko Hotsak

Heroe secreto

VÍCTOR ANEIROS

2008, Gaztelupeko Hotsak

Blues do amencer

VÍCTOR ANEIROS

2004, Gaztelupeko Hotsak

Vídeos

Ciudad Olvido

VÍCTOR ANEIROS

Soia

VÍCTOR ANEIROS

Autor de Westerns

VICTOR ANEIROS

Miña bala perdida

VÍCTOR ANEIROS BAND

O ceo está chorando

VÍCTOR ANEIROS BAND

Tal vez tamén che gusten