UKELELEAUTORDefino a miña música como ukelele de batea con ritmos furancheiros, bebo dos licores do blues, reggae, ska, rumba e tradicional acompañado do sabor de letras reivindicativas e retranqueiras.Músico e cantautor acompañado de ukelele e looper, con anos de experiencia facendo composicións propias en lingua galega, con temáticas a prol da nosa cultura, a defensa do medio ambiente e dos dereitos humanos.Formo parte dos contacontos musicados “Polo correo do vento” (2016-2023), é un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis cativo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das crianzas. Con eles actuei nas pasadas edicións do Salón do Libro de Pontevedra, Festiletras, Festival de Cans, etc.Tiven o enorme pracer de ser “a banda” do late night gastrocultural “Hai caldo” emitido na Televisón de Galicia no ano 2020. Tamén realizei concertos en festivais culturais (Milloverde, Rockin Vila, Ventorock, Miúdo Fest, etc.), así como en diferentes locais de música en directo na provincia de Pontevedra (Aturuxo, Jamarte, Lusco e Fusco, A discotasca, Sala Rebullón, etc.). Neste intre estou a presentar o meu segundo traballo discográfico “Aínda queda moito”. Gravado, arranxado e mesturado por Isaac Millán en estudios A Lagharteira, composto por dez temas con diferentes estilos musicais (electroswing, blues, hip hop, etc.) creados cun ukelele e looper.
Contratación
Antón keAntón Rey Patiño 617418767 antonkeoficial@hotmail.com