David Quinzán naceu en Lugo en 1981 e actualmente reside en Madrid. Foi baixista de artistas como Xoel López, Álex Ferreira, Stereotipos ou Ritcher e en 2012 inicia a súa carreira en solitario publicando dous EP consecutivos: “Cetáceos" e “El Aullador". Entre as súas influencias atópanse Paul Simon, Silvio Rodríguez o a música africana.Edita o seu primeiro LP, “El vino de las despedidas” (producido por Xoel López), en setembro de 2013. Este disco supuxo un paso adiante na súa faceta como compositor e foi presentado en numerosos escenarios da Península.En setembro de 2014 ve a luz un novo álbum: "El maestro de teatro". Este traballo producido e arreglado por Joserra Senperena (Duncan Dhu, Diego Vasallo, Rafael Berrio), profundiza no pop orquestrado e preciosista máis clásico, unha das principais influencias de Quinzán.“Caballito Negro" chega no 2016. Trátase dun disco totalmente autoxestionado e autoproducido que conta co apoio de Adrián Seijas (Misterioso Viaje a Holanda, Pablo Seijas, Wolrus) nos arranxos de varios temas. Cancións menos introspectivas e novos ritmos marcan a etapa que abre este LP.No 2018 ten lugar a publicación das cinco novas cancións que forman o EP "Melancolía Jackson" (2018).
Contratación
David (+34) 637 519 803 info@davidquinzan.com