Carlos Arcay (Compostela, 1981). Guitarrista, compositor e produtor a cargo dos estudios Arcay Sound–Mix & Mastering.Como guitarrista leva activo na esna musical galega desde 1998, pasado por diferentes bandas e proxectos como Rever, Yidorah, Ginkgo, Amarcord, Johnny Lokke Band (EE.UU.), Zelion ou Uxío Mayo y La Banda Fetichista. Deixou sempre patente o seu estilo, sentimento e xeito de ver a música en todos os traballos editatos coas diferentes bandas. Como produtor e enxeñeiro de son comeza en 2009 coa produción de Yidorah e coa gravación e produción do LP de Uxío Mayo; actualmente segue a facer traballoso para diferentes artistas galegos. É destacable a súa canle de YouTube, onde publica vídeos asiduamente nos que mestura humor co seu xeito de sentir a música, sendo un dos artistas máis carismáticos con presenza na rede a nivel estatal.No seu novo proxecto instrumental en solitario empápase de diferentes estilos con orientación rock-metal, dunha calidade técnica e musical destacable e elaborada que cristalizou en GENESIS (2017), un sopro de aire fresco dentro do xénero instrumental, que podedes desfrutar nos seus directos.O seu último traballo, THEY LIVE (2019), é unha continuación de GENESIS (2017); unha viaxe polo cosmos creado polas 7 cordas do galego, un universo instrumental cheo de matices onde o mestre desprega a súa técnica para atraparche no seu mundo. As catro composicións están salpicadas de sorpresas e melodías envolventes bañadas dunha poderosa épica.
Contratación
Marité S. (+34) 667380487 arcay@tutanota.com