• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Fear Of Missing Out

Fear Of Missing Out é un proxecto único: a raíz da súa identidade baséase na solidariedade e na concienciación sobre a saúde mental.

Persoas con diferentes trastornos mentais participan no proceso de creación, escribindo as letras das cancións, ilustrando os seus discos, creando esculturas... Fear Of Missing Out convértese, así, en máis ca música: é arte colaborativa sobre saúde mental.

Esta combinación única enriquece a experiencia das súas cancións e concertos, nos que a música en directo vai acompañada de exposicións e charlas. Nelas, profesionais da psicoloxía e persoas con trastornos mentais divulgan sobre a súa experiencia. Ademais, os beneficios do proxecto dóanse a entidades sociais.

Á fronte de Fear Of Missing Out está Carlos Morales Pereira, músico que decidiu engadir ás súas cancións (con influencias de grupos como Tool, Metallica, Pain of Salvation, Opeth ou Tesseract) un enfoque solidario innovador.

O primeiro disco do grupo, “Disorders”, trata sete trastornos mentais diferentes. “Alter Sum”, que sairá á luz proximamente, centrarase en exclusiva no Trastorno de Identidade Disociativo.

Contratación

Carlos Morales Pereira
659 420 878
fearofmissingoutband@gmail.com

Discografía

Disorders

FEAR OF MISSING OUT

2019, A Casa do Rock

Vídeos

Disorder 4: Empty (lyric video)

FEAR OF MISSING OUT

Disorder 1: Over-Controlling Demon (Lyric video)

FEAR OF MISSING OUT

Tal vez tamén che gusten