• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Duister

Duister, o proxecto musical do noiés Carlos Maquieira, supón unha rara avis no panorama musical galego, onde non adoitamos atoparnos con artistas de drone ambiental. Pero destacalo só polo seu carácter excepcional sería una inxustiza. Se ben é certo que as cancións de Duister teñen o inconfundible aroma dos grupos do selo Kranky, tamén posúen o suficiente valor e sensibilidade para desenvolverse nun terreo propio: o dunha combinación minimalista de gravacións de campo e experimentación sonora que mestura a máis xenuína morriña galega co son de Stars of the Lid e a sutileza do Eno de "Ambient 1: Music for Airports" (Editions EG, 1978). Entre os temas do seu Bandcamp destaca "Sinfonía monótona baixo a choiva", crónica musical dunha alborada imprescindible para todos aqueles que disfrutaron do seminal "And Their Refinement of the Decline" (Kranky, 2007).

Contratación

Carlos Maquieira González
0638 453 357
duisterdrone@gmail.com

Discografía

A Persistent Lack of Ambition

DUISTER

2017, El Muelle Records

The Boring Sounds of Duister

DUISTER

2014, Autoeditado

Hiss

DUISTER

2014, Autoeditado

Humidade

DUISTER

2014, Autoeditado

Kalmte

DUISTER

2014, Autoeditado

Tal vez tamén che gusten