Carlos Bravo (Tui, 1991) é instrumentalista, artesán do son e deseñador de instrumentos electrónicos.O seu traballo baséase no estudo, a creación e a experimentación do son desde a súa orixe, utilizando diferentes técnicas como a acústica, síntese modular e contornos dixitais programables.Na procura de captar os sons e luces que se aloxan na súa mente á realidade dun xeito performativo, foi necesario crear os seus propios instrumentos; este labor foi facilitado grazas aos seus estudos en Física.Electrónica e acústica. Analóxica e dixital. Luz e son.Verbose é a culminación de anos de investigación e proceso de perfeccionamento das ferramentas necesarias para esculpir unha paisaxe visual e sonora que se comunica mutuamente.
Contratación
Carlos info@verbose.es