Battosai son tres millennials que quixeran pertencer á Xeración X. Este power-trio de Santiago de Compostela está formado por Héctor (voz, guitarra), Roque (baixo) e Nolo (batería).A banda nace en 2018, inspirada nos seus gustos compartidos polo rock da década dos 90 e 00, como o grunge, o punk, o emo ou o rock alternativo.En febreiro do seguinte ano lanzan o seu primeiro single “Cuánto Tiempo”, gravado e mesturado por Iago Pico nos estudios Pouland de Ames; unha canción enérxica coa que procuran plasmar o equilibrio entre un muro de guitarras e melodías con aires nostálxicos.En abril de 2020 lanzan o seu segundo sinxelo, "12:21"; gravado no seu local de ensaio, unha canción autoproducida pola banda, buscando así recuperar a esencia DIY e un son directo e contundente.Despois de ser gañadores do certamen Xuventude Crea 2020 fichan por Spinda Records, un selo independiente que editará, o 1 de outubro deste 2021, o seu primeiro disco. Este foi gravado nos estudios Ultramarinos Costa Brava da man de Santi García, un dos produtores de máis prestixio da escena underground da península.
Contratación
Héctor Ojea 628 886 568 battosai.grupo@gmail.com