• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Gonzalo Arca

Tras o seu paso por Vado Permanente e The Preachers, en 2010 entra a formar parte da veterana banda de rock galega Sugar Mountais para ocupar o posto de vocalista tras a marcha de Javier Ruano. Con eles percorre infinidade de salas e festivais do país ata que en 2012 decide abandonar a banda e comezar así a súa carreira en solitario.

Entre xaneiro e febreiro de 2014 gravou o seu primeiro disco en solitario titulado "Alone at the Crossroad", que viu a luz o 8 de decembro do mesmo ano. Producido por Iago Lorenzo e o propio artista, e masterizado por Denis Martin en Londres, para a gravación contou con grandes músicos como David Outumuro e José "Niño" Bruno (baterías), Iago Lorenzo e Pony Machado (baixos), Antonio Casado "El Abuelo" (guitarras) e José A. Vilas (teclados).

O disco foi presentado nas principais cidades galegas con moi boa acollida por parte do público e recibiu críticas moi positivas dende medios especializados como as revistas "Ruta 66", "Mondo Sonoro" (entrando directamente no posto número 3 do Top Ten), emisoras como Radio 3, 40 Principales (Maketón), etc.

O 11 de maio de 2015 estreouse o videoclip dun dos temas do disco, "Waiting for the Sun", gravado na cidade de Nova York, producido por Ontheroad e realizado por Mikel Fuentes.

Contratación

Discografía

Alone at the Crossroad

GONZALO ARCA

2014, Dotbeat

Vídeos

Tan Lonxe De Ti

GONZALO ARCA

When does the show finish?

GONZALO ARCA

Queen of California

GONZALO ARCA

Alone at the Crossroad

GONZALO ARCA

Waiting For The Sun

GONZALO ARCA

Tal vez tamén che gusten