• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Iván Caride

Iván Caride é un músico e compositor ourensán que leva implicado na música desde que era un cativo. Con 13 anos, e da man o seu pai, funda o grupo Swiss Cottage co que publicaría o seu primeiro álbum chamado "All We Need", dese álbum desprendéronse dous singles: "Sometimes" e "All I Need Is Love".

Uns anos máis tarde, comeza a desenvolver, tamén xunto ó seu pai, a primeira ópera-rock feita en Galicia, de nome "The Rebel-O Rebelde", inspirada nos feitos do Alzamento de Pascua acaecidos en Dublín no ano 1916 e na figura de Pádraig Pearse. "The Rebel-O Rebelde" está dispoñible en CD e tamén foi estreada en cinemas comerciais, o que a converteu na primeira concert-movie feita en Galicia.

Tras a ópera-rock, Iván seguiu traballando como compositor musical con Zinemusik Producciones en proxectos como "Equus Ferus Atlanticus" ou "I See You Everywhere", polo cal recibiu o premio a Mellor Banda Sonora Orixinal polo festival Horror Films In Hotlanta de Atlanta (EE.UU.).

Durante 2019, e grazas a un crowdfunding exitoso, estivo desenvolvendo o seu primeiro álbum de estudio como solista, de nome "Voices", producido por Luis Antelo (Iván Ferreiro, Habitación Vudú) en Estereoarte Estudios (Vigo) e Sebastián Mato, Zevra Estudios (Ourense).

Contratación

Escena Sonora Producción Cultural S.L.
Iván Caride / Jose Freiría
673 457 551
caridesanjuan.ivan@gmail.com

Discografía

Voices

IVÁN CARIDE

2020, Green Wall Records

Fake Eyes (A Man for a Night) [Live in Home Town]

IVÁN CARIDE

2020, Green Wall Records

Fly

IVÁN CARIDE

2018, Zinemusik

I See You Everywhere

IVÁN CARIDE

2017, Zinemusik

From The Green Land

IVÁN CARIDE

2016, Zinemusik

Vídeos

Fake Eyes (A Man for a Night) [Live in Home Town]

IVÁN CARIDE

Fly (Videoclip)

IVÁN CARIDE

Tal vez tamén che gusten