• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Aries

As primeiras noticias que tivemos de Isabel Fernández situábana, a finais dos 90, á fronte do cuarteto getxotarra Electrobikinis. Nada entón facía presaxiar unha exploración pop tan flexible e cargada de suxestións como a que pronto iniciaría con Charades. A aventura durou case dez anos (2001-2010), resumidos nun EP e tres longos que documentan a traxectoria dunha banda con discos como matrioskas: cancioneiros atomizados en mil pequenos fragmentos, cada vez máis ricos e cohesionados.

Cando aínda non ofreceran signos de ter tocado teito, Isa e a súa colección de discos mudáronse a Vigo. A medio camiño entre os setentrionais Estudios Pastora e os ultramarinos da Costa Brava, sacouse da manga unha nova encarnación: Aries.

Baixo o signo de Aries editou dous longos amplamente aplaudidos: “La Magia Bruta” (Bcore) e “Mermelada Dorada” (La Castanya). Neles regálanos unha colección de brillantes melodías e profundas pasaxes instrumentais que ensamblan o mellor dos 60 e o pop electrónico contemporáneo.

En 2016 edita o seu terceiro traballo, “Adieu or Die” (la Castanya/K Records), unha pequena obra mestra de artesanía pop que entrelaza melodías con forte ascendencia sesenteira con ecos do son psicodélico da costa oeste americana, e construtos electrónicos de gran calidez. E o fan cunha soltura e un frescor difíciles de atopar. É un disco alegre, aínda que transpire certa melancolía, unha viaxe interior na que “Unha persoa se desintegra, mentres o mundo se desintegra ao seu redor”.

Contratación

La Castanya
Albert Guardiá / Joan Guardiá
(+34) 667 715 163
albert@lacastanya.com Joan@lacastanya.com

Discografía

Adieu or die

ARIES

2016, La Castanya

Mermelada dorada

ARIES

2014, La Castanya

La magia bruta

ARIES

2012, Bcore

Vídeos

La fuerza del sonido

ARIES

Eclipse total

ARIES

Si te desanimé

ARIES

En el sur

ARIES

Visiones

ARIES

Dilo mañana

ARIES

Tal vez tamén che gusten