• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Iker

A música de Iker bebe fundamentalmente do art pop e nace da necesidade de contar historias e cristalizar emocións mediante novos imaxinarios musicais que non discirnan entre baixa e alta cultura; que integren o experimental, a innovación e o conceptualismo cos elementos máis frescos da cultura pop.

Iker trata de encaixar producións electrónicas con outras máis experimentais, revestindo as súas melodías pop, nostálxicas e accesibles, tanto como para poder discorrer coherentemente fiadas ás súas letras, baseadas nas emocións e vivencias dun mozo de dezanove anos.

Desde un profundo amor pola cultura audiovisual transmedia da música pop actual e todos os ámbitos artísticos que abarca este novo modelo de experiencia musical, Iker tenta erixir proxectos que vertebren, coa música e a poesía como eixos centrais, imaxinarios alternativos completos coas súas propias achegas visuais, escenográficas, conceptuais...

Contratación

Iker Sánchez Piñeiro
661 493 037
ikercontactomus@gmail.com

Discografía

Torito Lucero

IKER

2023,

Vídeos

LunaLunaLuna

IKER

Tal vez tamén che gusten