Nacida en Santiago de Compostela en 1993, Yhadira comeza dende ben pequena a súa relación coa música, a canción e a composición.Logo de pasar por distintos programas de televisión, como “La Voz” en Telecinco, toma a decisión de reunir as súas mellores cancións e gravar o seu primeiro disco en solitario, “Estúpida sentimental” (2015). Letras emocionantes e melodías frescas e intensas forman un traballo que define perfectamente a personalidade musical da súa autora. En cada canción unha soa intención: emocionar, conectar co público. Para iso, válese da súa voz, doce e intensa, capaz de transmitir en cada palabra un universo “estupidamente sentimental”.
Contratación
Yhadira (+34) 646 425 366 info@yhadira.com