
Cara a cara, pianista e baterista.Este proxecto baséase na interacción e capacidade de composición de ambos, reforzadas cos sons electrónicos de sintetizadores, módulos e percusión electrónica.Ismael Berdei, piano e teclados, e Bruno Couceiro, batería, son a alma e o corpo de Two Faces. Os seus directos son un cara a cara entre os dous músicos e os dous instrumentos, unha simbiose que pretende transportarte a diferentes paisaxes e evocar múltiples sensacións. O seu estilo experimental con composicións propias, cheas de dinámicas e intensidades, que serán desenvolvidas na maior parte ao vivo, dan como resultado un directo enerxético que non deixará indiferente.
Contratación
Ismael Berdei (+34) 629 241 760 info@twofaces.es