Formada en agosto de 2016, Bulto é unha banda de rock integrada por David Soprano (batería, voz), Charli Gómez (guitarra, voz) e O Chicho (baixo, voz). Xusto un mes despois do primeiro ensaio, Bulto daba o seu primeiro concerto xunto a Trilitrate nunha praia fluvial á beira do río Cabe (Lugo) no DoaFest.O 26 de decembro de 2016 sale o primeiro disco da banda, “Supermercados Buitre” (La Melona/Discos de Arena, 2016), gravado en Xílgaro Estudios (Ourense) por David Quintas e masterizado en Sountess por Pablo Peiró. O disco consta de sete cortes nos que destacan estilos como o punk, o stoner ou o metal, empapados en moita enerxía e frescura; un estalido de ritmos frenéticos e riffs pesados acompañando a unhas voces que cantan ao amor en moitas das súas formas.Bulto é o presente e o futuro. Na actualidade, Bulto atópase presentando o seu primeiro disco por espazos de España e Portugal con un moi bo recibimento por parte del público e a crítica.
Contratación
La Melona / Discos de ArenaCharli / David (+34) 649 364 534 - (+34) 633 808 665 lamelonaeventos@gmail.com / discosdearena@gmail.com