Orlando Díaz é un músico de orixe galega que, tras tocar a batería en diferentes grupos de España e Alemaña, trasládase a Berlín para desenvolver finalmente o seu propio proxecto. Xunto á composición de letras pouco convencionais, caracterízase por unha voz ondeante acompañada de guitarra española.No outono de 2016 grava a súa primeira maqueta “Los Monstruos del Lago”, en Berlín, mentres comeza a substituír os escenarios da capital alemá por Madrid.En 2017 publica o seu segundo traballo, un EP de tres cancións con instrumentación, “Karlova”, á vez que coñece a Tomasito García (multiinstrumentista) e Carlos Pérez (guitarra solista), quen conforman a súa banda.En abril de 2019, despois de dar varios concertos, publica un novo traballo de estudo, “Abierto toda la noche”, que pon fin ao seu periplo na capital; e, en novembro, Orlando reaparece en solitario por vez primeira en moito tempo, para despedir o ano cun concerto en Barcelona xunto a outros dous grupos locais.A un longo ano de transición e incerteza tanto persoal como musical, ségueno un concerto en streaming, en plena pandemia e desde un recuncho de Seattle, co país axitado polos asasinatos da policía a cidadáns americanos negros, desarmados.O traballo e posterior publicación de “Origami”; un EP de dúas cancións gravado a pleno rendemento, durante un confinamento necesario tras a volta de USA.Polo de agora, non se presenta máis nada que o presente que, dadas as circunstancias, non é pouco...
Contratación
Orlando Díaz Donado 680 106 604 info@orlandodees.com