Nunca compuxen música. A miña profesión desde hai 38 anos é moi diferente: son vidente e bruxo. Non toco ningún instrumento, nin me aprenderon a cantar nin a crear. Por tanto, non me considero músico, nin compositor, nin sabería dar un concerto. Non teño ningún tipo de pretensións, nin busco gañar cartos, só xogo, experimento, comunícome e trato de expresarme con sons; facelo e crear cancións entretenme e éncheme.Fáltame moita experiencia, toda a experiencia do mundo. Nos primeiros 15 días compuxen 25 temas, dos cales elixín 6 para publicar o meu primeiro disco, “Dream Passages”, e 10 días máis tarde, saía “Trinity”, un EP de 3 cancións (unha delas en honra e lembranza de Dolores, unha muller moi especial na miña vida). Ao mes publiquei “Ausencias”, 3 cancións que falan da ausencia que queda na alma daqueles aos que a vida arrebátalles todo canto teñen. Catro meses despois ve a luz “Rei Mora”, integramente en galego, onde musico versos do poeta galego Baldo Ramos.Na actualidade estoy inmerso no meu quinto traballo, “Iquiacapuku” que en breves sairá á venda.
Contratación
Noite MeigaSanti Molezún 693 353 535 - (+31) 902 070 787 management@noitemeiga.eu