• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Willie & Winnie

Willie & Winnie é un grupo cunha traxectoria corta, pero intensa. Contan xa con dous traballos, “Premonition” (2015) e “Dream For Winter” (2016), ambos baixo o nome de Kozmic Blues. Recentemente cambiaron o seu nome a Willie & Winnie, escollido con especial coidado e agarimo. Trátase de dúas personaxes de “Os días felices” (Samuel Beckett, 1961) e fixéronos seus porque expresan moi ben parte do carácter da súa música e o seu sentimento en canto á vida.

Elise Denise (voz) e Andy Bill (guitarra, voz) conforman este dúo que, ademais, conta con banda (baixo, batería e saxo), se a ocasión así o require. Influenciados polo jazz, o blues, o folk ou o rock, Willie & Winnie insisten en aclarar que non se encadran en ningún deses estilos, que procuran un son propio, auténtico e puro; persoal, porque se houbese que poñerlle una etiqueta ao que fan sería esa, persoal. A literatura, o cine, mesmo a pintura, xoga un papel imprescindible para eles; sen a pintura, sen o cin, sen a literatura, non serían eles, non serían Willie & Winnie.

Na actualidade, atópanse despedindo o seu segundo traballo e procurando un xeito de poder gravar e promocionar o seu terceiro disco.

Contratación

Willie & Winnie
696855986
willienwinnie@gmail.com

Discografía

Dream for Winter

KOZMIC BLUES

2016, Kozmic Blues

Premonition

KOZMIC BLUES

2015, Kozmic Blues

Vídeos

Dry Leaves

KOZMIC BLUES

Flowers in My Head

KOZMIC BLUES

Blue Shadow

KOZMIC BLUES

Tal vez tamén che gusten