
Seso Durán (Xosé Manuel Durán), profesor de música, historiador, compositor, video creador e produtor, que dende os anos 90 (como integrante do grupo folk Liorna, entre outros) publica a súa obra, centrada nos últimos anos en contidos relacionados coa didáctica musical. Comprometido coa innovación, é invitado regularmente a compartir os seus proxectos e experiencias nos foros educativos máis destacados (Culturgal, Universidade de Santiago, Universidade Autónoma de Madrid, etc), tendo acadado numerosos recoñecementos a nivel galego e estatal.
Contratación
Seso Durán sesoduran@gmail.com