• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Arantxa Pérez

Arantxa Pérez (Catoira, 1986) é unha artista independente española, cantante e compositora de pop melódico. Comezou na música case por casualidade, tras un festival de fin de curso a principios dos 90, e despois de participar en varios concursos musicais e ser parte de diversas orquestras de verbena, decide iniciar a súa formación en guitarra de xeito autodidacta.

A súa primeira maqueta ve a luz en 2016 e, un ano máis tarde, convértese nun longo de dez cancións e un título que semella abrir as portas á esperanza, “Hay tanto camino por andar” (2017), producido por Jordi Cristau. En novembro de 2019 presenta o seu segundo traballo discográfico, “A salvo”, un álbum de doce cancións e catro colaboracións artísticas internacionais gravadas baixo a supervisión, produción e arranxos de Cristau e Bob Benozzo.

Ao longo de 2020, a cantante e compositora comparte nas súas redes sociais varios temas novos desde a sinxeleza e a nudez da súa voz, acompañada unicamente dunha guitarra acústica, superando algunhas delas o millón de reproducións. Durante a pandemia traballa na produción do seu terceiro disco, man a man xunto a Benozzo, que finalmente lanza en setembro de 2023.

“Del cielo a Marte” (2023) son unha decena de novas cancións que Arantxa presentaba co sinxelo ‘Mi capitán’, dedicado ao seu pai e que deixa ao descuberto a emoción e sentimento contido neste novo disco.

Contratación

Adriana
(+34) 644 709 507
info@arantxaperez.com

Discografía

DEL CIELO A MARTE

ARANTXA PÉREZ

2023, Arantxa Pérez

A SALVO

ARANTXA PÉREZ

2019, Arantxa Pérez

HAY TANTO CAMINO POR ANDAR

ARANTXA PÉREZ

2017, Arantxa Pérez

Maqueta "Hay tanto camino por andar"

ARANTXA PÉREZ

2016, Arantxa Pérez

Vídeos

Lo Que Digo Olvido

ARANTXA PÉREZ

Nunca Creí

ARANTXA PÉREZ

Estaré Ahí

ARANTXA PÉREZ

Mi Capitán

ARANTXA PÉREZ

Tal vez tamén che gusten