• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Mordem

A palabra “mordem” está sacada dun poema de Rosalía de Castro, e serviu a Elba Fernández para bautizar o seu novo proxecto. Elba Fernández deuse a coñecer en 2010 baixo o nome de Jane Joyd e coa súa primeira maqueta resultou gañadora do Proyecto Demo 2011 de Radio 3 e do Festival Internacional de Benicássim.

En 2012 publicou o seu primeiro EP, “Shy Little Jane Presents: The Dramatic Tale Of Her Animals”, seguido por unha segunda entrega un ano despois, “Shy Little Jane Presents: So Lost In This Bleak Winter Landscape”, ambos editados por Origami Records.

Aqueles que coñezan esa etapa, atoparán neste novo alter ego de Elba a mesma habilidade para crear ambientes e estados, pero en Mordem non predominan as cordas, e o folk da súa anterior encarnación deu paso a sons máis variados, ás veces cercanos ao trip-hop, outras ao novo R&B, o ambient, o pop, o dreampop… todo atravesado por pianos contemporáneos que van vertebrando, xunto con voz e coros, un novo estilo máis nórdico e menos americano.

O primeiro disco de Mordem publicouse o 29 de setembro de 2017, “Fragments to Dominate the Silence” (The Winter Hunters), gravado e mesturado en Estudios Reno por Luca Petricca e masterizado por Fred Kevorkian (NY). O disco conta coa colaboración de grandes músicos como Xavi Font ao piano, David Unison ás baterías e a produción, e Manuel Cabezalí á guitarra.

Contratación

Desvelo
Xiana Fumega

xiana@desvelo.eu

Discografía

Fragments to Dominate the Silence

MORDEM

2017, The Winter Hunters

Vídeos

All of Me is You

MORDEM

Tal vez tamén che gusten