EME-SX é un proxecto de música synthwave que xorde en plena pandemia. Detrás deste nome está Miguel V, que deixa atrás aventuras musicais anteriores e comeza o seu proxecto en solitario posuído e abraiado pola estética e sons retrofuristas.EME-SX comeza a crear cancións cheas de atmosferas cyberpunks, darkwave e melodías synth, empregando DAWs e VSTs, pero sen desistir á parte mais visceral e directa dos instrumentos orgánicos.Coa axuda de David Karro (outro importante músico da actual electrónica galega) comezan os arranxos e as novas mesturas, publicando un EP de catro temas baixo o nome “2049 AC” (2023), unha imaxinaria viaxe á súa propia cidade nese ano 2049. Inspirado en películas de ciencia ficción e videoxogos, e facendo unha chiscadela a “Blade Runner 2049” (Denis Villeneuve, 2017).EME-SX tamén publica remixes para artistas galegos como o DJ e produtor vilagarcián Maefield, a banda coruñesa de psicofolk rock Candy’s Freckles ou a veterana banda de rap metal en galego QFB.No seu novo traballo “DARK & LIGHT” ademais da axuda de David Karro e Adrián Bouza nas guitarras, percusión e sintetizadores, conta coas vocais da artista rusa asentada na Coruña, Allova, o cantante Car dos ferroláns Mentah e Hugh McGinley. O traballo inclúe ademais unha remestura dun dos artistas mais importantes da electrónica galega: Lefrenk.O deseño do logo do artista obra do debuxante, activista e editor galego Manel Cráneo.
Contratación
EME-SXMiguel Valiña 654 166 025 emesx2021@gmail.com