María Mendoza, pianista e compositora, nace en Oviedo en 1975. Licenciada en Bellas Artes e Titulada Superior de Piano, Música de Cámara e Solfeo, Repentización e Transporte e membro da Asociación Galega de Compositores e Compositoras.A súa actividade profesional divídese entre a docencia, a composición e a interpretación, destacando a súa faceta creativa, tanto compositiva como interpretativa.Compositora de series e curtas de animación, emitidos e premiados en televisiones de todo o mundo. Compositora de música clásica contemporánea, interpretada en España, Francia, Turquía e Italia, entre outros, y editada por Dos Acordes, Armonía Universal, Periferia Música, Ediciones Robert Martin, Música Neo e a Consellería de Cultura de Galicia.Entre os seus galardóns atópanse o primeiro premio pola súa obra para Banda Sinfónica ‘A Raíña Lupa’ no V Concurso de Composición para Banda Josep María Lleixà Subirats (2018), segundo premio no I Concurso de Composición Internacional Hélianthe (2016), coa súa obra ‘Devil's Dance’ para saxo alto e piano, e terceiro premio no concurso de composición Galician Folk Songs (2015), coa súa obra para piano ‘Como queres que te ronde’.Os seus discos, Intro (2016), Nova (2017) e Cronos (2020), editados pola discográfica ourensá Arteficción, poden escoitarse en todas as plataformas dixitais e nos concertos que ofrece na actualidade, acompañada da actriz Nate Borrajo.
Contratación
María Mendoza 656 732 442 mendoza1975@hotmail.es