Javier Otero é un pianista que comeza a súa aproximación ao piano na súa A Estrada natal. Logo de finalizar os seus estudos profesionais trasládase ao Real Conservatoio de Música de Madrid para estudar o Grado Superior con Almudena Cano, onde forxa a súa personalidade como músico e pianista e desenvolve o seu interés polos novos formatos de concertos e músicas.O achegamento da música ao público sempre foi unha tónica xeral ao longo da súa carrerira. Así, crea o Festival Piano Meeting Ourense, con pianos nas rúas, onde participan profesionais, afeccionados e xente que queira aprender. Ademais, crea e realiza por vez primeira en España a “SilentWifi Music Experience”, onde o son do piano chega ao público a través de auriculares especiais a través de Wifi. Gañador de primeiros premios en concursos nacionais e internacionais, emprende o seu propio camiño, creando o seu propio selo discográfico co que publica "Impromptus", “Galician Folk Songs" y "Vibrations".Foi solista en en varias ocasións coa Real Filharmonía de Galicia, a Orquestra Xovigo e Diego García, entre outros. O seu compromiso coa música galega lévao a deseñar diferentes programas, ademais de reestrear obras de Juan Montes ou tocar no Instituto Cervantes de Tokio con obras de compositores galegos.O seu achegamento a outras músicas lévao a formar un dúo co pianista jazz Abe Rábade, “Dos visiones para dos pianos”, no que ambos pianistas explorar a improvisación a través de composicións clásicas e modernas.
Contratación
Culturactiva S. Coop. Galega 981 58 28 36 info@culturactiva.org