• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Simbiose

SIMBIOSE é un recital de piano e videocreación. Distintas tendencias da música contemporánea camiñan xunto a pezas de videocreación realizadas en consonancia coa sonoridade e a palabra, mergullando así o público nunha atmosfera moi particular. Simbiose é un alegato a parármonos e escoitarmos con atención o mundo que nos rodea. Fuxir por un momento do metrónomo acelerado da sociedade actual, abrir ollos e oídos a novos estímulos para que a música, ao final, nos acolla nun calmo silencio.

SIMBIOSE explora co seu repertorio un amplo espectro de tendencias dentro da música contemporánea e o uso de música electrónica co fin de conseguir novos ambientes sonoros. Todo iso a través de compositores de toda a xeografía, tanto de España, Holanda, Francia, Estados Unidos, Filandia... As súas obras agochan un alto intimismo, unha imaxe, un poema, un soño. Defender un programa máis personal, onde predomina a visión interior do artista, esixe ao intérprete dar renda solta á expresión musical con mestría e, ao espectador, adoptar unha nova actitude ante a obra.

Contratación

Celia Parra
(+34) 690 331 274
simbioseconcerto@gmail.com

Vídeos

SIMBIOSE - Etudes (Rautavaara)

SIMBIOSE (MARÍA DOMÍNGUEZ E CELIA PARRA)

SIMBIOSE - Splinters (György Kurtág)

SIMBIOSE (MARÍA DOMÍNGUEZ E CELIA PARRA)

Simbiose trailer

SIMBIOSE (MARÍA DOMÍNGUEZ E CELIA PARRA)

Simbiose promo

SIMBIOSE (MARÍA DOMÍNGUEZ E CELIA PARRA)

Tal vez tamén che gusten