Nortones son rock, rock atemporal sen etiquetas, nin modas, nin adxectivos, formados en 2015 por músicos experimentados, xente de directo, reais, transmitindo unha enerxía e complicidade que engancha. Eles son Steven Martin á batería (Jacobo Paz, Sós), Miguel Pan á guitarra (Insolvents, Roi O Xordo), a guitarra de Ricky Lee (Senda de Afra, Drivestones), as teclas de Anxo Seco (Cia Campillo, Rapabestas, Lesuitband) e a voz e guitarra de Juan Folla.Un son que evoca a eses M-Clan dos inicios, a ese resaibo AC/DC e ese son americano de The Black Crowes, pero coa desvergoña de, por exemplo, Tequila ou Los Zigarros. Seriedade, profesionalidade e paixón polo que fan respírase, vese e escóitase no seu traballo.Logo do seu álbum debut, “Nortones” (2016), lanzan en 2017 “Sobrenatural” tras unha máis que exitosa campaña de crowdfunding, un paso de xigante que confirma que van a por todas, fuxindo de correntes de moda momentáneas e pasaxeiras, dando aínda máis credibilidade a súa música.Tendo en conta todos e cada un dos detalles (imaxe, son, directo) presentan o impresionante cineclip do tema “Salto al vacío”, dirixido por Pedro Folla e producido por Dreamovie.
Contratación
Arteaga ManagementHéctor 658 595 961 arteagamanagement@gmx.es