“Cenizas en la herida” (2017) que “nos transportan no tempo”, así caracteriza este álbum Juan de Nós. Un traballo moi diverso con cancións directas e relatos de vivencias que o artista plasma cunha atmosfera musical rozando a melancolía e, á súa vez, chea de esperanza.“Cenizas en la herida” transpórtanos a través de historias cheas de sentimentos. Con cancións que foi recopilando desde os seus inicios como músico, o álbum conta coas colaboracións vocais de Silvia Penide e César de Centi, aportando cores e matices a cancións como “En mi ciudad” ou “Las lecciones”.Juan de Nós conta cos músicos Karlos Barral, Lucas Llumá, Ricardo Marcos Casás Salgado e Martín Aparicio para poder darlle forma e sentimentos ás súas pezas.
Contratación
D'La Ostia RecordsJuan Aparicio 881 081 732 contacto@juandenos.es